viernes, 12 de junio de 2015

Mellorar unha imaxe para imprimir




1. Eleximos a ferramenta de selección rectángulo e facemos un rectángulo calquera sobre a foto.
2. Nas opcións de ferramenta, no apartado Tamaño, eleximos cm e poñemos as medidas 30x20 ou 15x10, que son os estándar para a impresión de fotografías.
3. Marcamos tamén a opción resaltado e engadimos as guías coa regra dos tercios.
4. Despois vai a Imaxe -> Recortar a selección
5. Tamén podemos ir a Imaxe -> escalar  e por o tamaño que precisemos nesta opción.
6. A resolución mínima debe ser de 300x300 pixeles para que non perda calidade ao imprimir.

Agora imos mellorar un pouco a luminosidade desta foto para iso:

7. Imos a Capas -> Duplicar capa
8. Cambiámoslle o nome e pomos "Aclarado"
9. Na opción Modo eleximos Pantalla
10. Axustamos a luinosidade á cantidade que mellor se vexa.







No hay comentarios:

Publicar un comentario